Tuesday 23 de April de 2024

O luns abre o prazo de inscricións para a Escola Municipal de Surf


O vindeiro luns 8 de agosto abre o prazo de inscrición para apuntarse á Escola Municipal de Surf do Concello de Oleiros. Ofértanse prazas para rapaces e rapazas de Oleiros nacidos entre 2002 e 2010. O trámite terá que realizarse a través da sede electrónica.

Ante a problemática sanitaria e social derivada dos altos índices de obesidade infantil e xuvenil, o sedentarismo e as dificultades que ás veces atopan os mozos e mozas para practicar deportes de xeito regular, o Concello porá en marcha un novo curso desta escola deportiva que se desenvolverá entre o 30 de setembro de 2022 e o 28 de maio de 2023. Terá un custo mensual de 15 euros e o Concello achegará a táboa, o traxe de neopreno e unha licra para a actividade.